- Tipo
- Tematica
O acto terá lugar no Pazo da Peregrina, o xoves 22 de abril, ás 20:00 horas, coa presenza do autor e da concelleira de Cultura de Ames, Natividade González. Tomas Guerrero é un escritor de bandas deseñadas, ilustrador e animador 3D que conta historias a través de imaxes. A entrada ao acto é gratuíta e libre até completar o aforo limitado que, por mor da loita contra a pandemia, se aplica neste tipo de eventos.
No evento, Tomás Guerrero presentarás tres obras: “A deserción de Stalin”, historia na que se fala sobre os veteranos axentes secretos que pulularon entre os dous lados da «cortina de aceiro» poden contar millares de historias relativas á súa experiencia. Pero o que pouca xente chegaría nunca a imaxinar é a que tal vez foi a máis importante misión encargada ao MI6 que nos conta un deses derradeiros cabaleiros da guerra fría... Tomás Guerrero xoga mesturando imaxinación e realidade histórica, dándolle arredor dun tema que ben podería ser Top Secret.
“Tanta paz leves”, situada en Francia, 1948. Nos anos da difícil posguerra europea, o tempo de paz agocha milleiros de historias de vencedores e vencidos, máis alá dos resultados bélicos. Os traballadores dun circo que percorre o país observan con estrañeza a chegada dun misterioso convidado traído por un vello coñecido do xerente. A partir dese momento, afloran feridas que quedaran abertas durante ese período convulso. A nova obra do autor da novela gráfica A deserción de Stalin presenta un cambio de rexistro gráfico e narrativo que mantén, porén, todo o seu interese sobre a complexa realidade sociopolítica da Europa do século XX.
Por último, “O neto do homem mais sábio” é unha biografía de Saramago que toma o seu nome da frase co que o propio Saramago abreu o seu discruso de recepción do Nobel "O home máis sabio que coñecín en toda a miña vida non sabía ler nin escribir", dixo en referencia ao eu avó, Jerónimo Melrinho. E a partir desa premisa, Guerrero da forma a esta "biopic" como un ficticio diálogo entre Merlinho e Ricardo Reis, o heterónimo do poeta Fernado Pessoa que Saramago fixo seu na novela O ano da morte de Ricardo Reis. O resultado é unha viaxe alucinante desde Azinhaga do Ribatejo ata Lanzarote, unha sentida homenaxe á literatura portuguesa.