Xoves, 5 maio, 2022
ás 20:00 horas
- Tematica
As bibliotecas amesás celebran neste mes de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tres presentacións de libros na nosa lingua. Deste xeito, o escritor Henrique Monteagudo presentará o seu ensaio “O idioma galego baixo o franquismo”, publicado pola editorial Galaxia. Será este xoves 5 de maio no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. O autor estará acompañado do catedrático e membro da RAG, Ramón Lorenzo, e da escritora María López Sández, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.