- Tipo
- Tematica
Presentación do libro de Nazaret López "Formigas nos pés" , de Edicións Xerais. Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e é unha actividade destinada a todos os públicos. A obra é unha radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura.
A novela aborda a dor dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos.
Nazaret López é unha xornalista amesá que leva arredor de 15 anos traballando no departamento de Comunicación e na radio municipal do Concello de Ames. Anteriormente, traballou en medios de comunicación como na Televisión de Galicia, Televisión Española, e diferentes medios radiofónicos. Nazaret López conta cunha gran bagaxe dentro do mundo do teatro, con creación e dirección de diferentes obras.