Xoves, 4 novembro, 2021
Ás 20:30
- Tipo
- Tematica
O Pazo da Peregrina acolle hoxe, xoves 4 de novembro, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Os libros que hai en min” de Emma Pedreira, editado pola editorial “Cuarto de inverno”.
A presentación do evento correrá a cargo da concelleira de Cultura, Natividade González.
A autora estará acompañada polo editor David Cortizo e pola xornalista e escritora, Nazaret López.
A entrada é libre até completar aforo.
O evento está organizado polas Bibliotecas de Ames dentro do seu Programa de Animación á Lectura.
