Xoves, 16 xullo, 2020
Ás 20:30
- Tipo
- Tematica
O escritor e profesor Xabier Ron e a xornalista Irene Tomé presentan o xoves 16 de xullo ás 20:30 no pazo da Peregrina o fotopoemario “Os exilios que somos”, un compendio de poemas e fotografías que evocan unha memoria persoal que é tamén común a miles de familias galegas e españolas que viviron a lousa da guerra civil e da ditadura. A editorial Alvarellos edita este libro.
Xabier e Irene comparten o mesmo ollar sobre a memoria histórica e democrática do país. A súa pretensión con este traballo é a de dar voz á memoria das persoas que vivieron a guerra ou o exilio dende unha experiencia persoal, que soe ir da man de silencios e esquecemento; aínda que tamén de resistencia e de experiencias propias que dan lugar a reflexións compartidas.