Pestanas principais

>Programa Apego: Chimpo de ra

Venres, 25 setembro, 2020
Ás 18.00 horas.

Raquel Queizás, filóloga e actriz, estará o venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas, contando historias para familias con crianzas de 0 e 4 anos. A inscrición para esta actividade é de balde e pode realizarse desde hoxe ata o 24 de setembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza este evento, "Chimpo de ra" impartido pola actriz e filóloga Raquel Queizás que se desenvolverá o venres 25 de setembro, ás 18.00 horas. As familias con crianzas de entre 0 e 4 anos poderán acudir a este encontro, na Casa da Cultura de Milladoiro, no que a galega narrará historias adaptadas aos mais pequenos. Deste xeito, os bebés estimularán as súas habilidades de percepeción espacial e psicomotricidade mentres aprenden nomes para as cousas que van descubrindo.

O prazo de inscrición para participar neste encontro narrativo está aberto ata o sábado 24 de setembro. Para anotarse é preciso enviar un correo á dirección normalizacion@concellodeames.gal no que apareza o nome,apleidos e número de teléfono das persoas solicitantes, así como a idade das crianzas.