- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames está organizando unha Gran Festa de Reis na que se recibirá a visita das Súas Maxestades de Oriente. Entre as actividades previstas hai unha recepción real que se fará o martes 3 e mailo mércores 4 nos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro. Os Reis Magos estarán os dous días en ambas localidades. As visitas aos Reis Magos pódense facer de 11:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. Para participar en ditas recepcións reais é imprescindible sacar cita previa a través da Sede electrónica do Concello de Ames.
A programación da Gran Festa de Reis dará comezo coas recepcións dos rapaces e rapazas que farán aos Reis Magos o martes 3 e o mércores 4 nos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro. Os Reis Magos estarán os dous días en ambas localidades. Deste xeito, as Súas Maxestades atenderán as peticións de agasallos e ofrecerán á cativada un obxecto máxico, unha chave que permite acceder a todos os domicilios de Ames, e que debe ser colocada nas casas a noite de Reis.
As persoas interesadas en asistir a ditas recepcións reais deben acudir con cita previa, que se pode reservar accedendo á Sede electrónica do Concello de Ames e seleccionando día, hora, e localidade. As visitas aos Reis Magos pódense facer de 11:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.