- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. Unha das actuacións será a da peza teatral "Reconversión", da compañía Ibuprofeno Teatro, que se representará o 14 de marzo, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.
"Reconversión" de Ibuprofeno Teatro, é un espectáculo que conta cun formato bastante grande a nivel escenográfico, formado por oito actores-músicos que interpretan a banda sonora en directo. A obra, baseada nas vivenzas reais do autor, narra a reconversión e mobilizacións do sector naval na Ría de Vigo.
RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato dirixido para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo. A obra vai dende o íntimo e o político. Escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta gura sintetiza as vivencias de toda unha xeración que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80. RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo” dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.