- Tipo
O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros gratuítos itinerantes relacionados coa tecnoloxía e o Camiño de Santiago, estará no Milladoiro o martes 15, no aparcadoiro da Casa da Cultura. O horario será de 17.00 a 19.00 horas. Durante as xornadas, os veciños e veciñas, de todas as idades, poderán participar. Trátase dunha iniciativa coa que colaboran a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Turismo.
Robótica, ciencia e tecnoloxía a á man de todas e todos. O Roterio Maker pretende achegar a ciencia e a tecnoloxía ofrecendo diferentes obradoiros gratuítos para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido. Fará diversas paradas, ademais de en Ames, nos concellos Brión, Rois, Dumbría e Muros, entre outros. O Roteiro Maker conta con diferentes estacións nas que se desenvolven unha gran variedade de obradoiros de deseño e impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica, realidade aumentada e moitísimo máis. Nesta edición faranse obradoiros relacionados co camiño de Santiago.