Pestanas principais

>Ruta Apego de Lens

Xoves, 16 setembro, 2021
Ás 17.00 horas.

O Servizo de Normalización Lingüística organiza a Ruta Apego de Lens, con saída en bus do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Trátase dun percorrido guiado e actividades ambientais. É de balde e precísase inscrición previa do 8 ao 15 de setembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal

O camiño do Apego é un tramo autoguiado da ruta das Ribeiras do Tambre, situado na parroquia de Lens, con elementos informativos, de xogo e de descanso accesibles ás crianzas e que estimulan o coñecemento e o amor polo noso patrimonio ambiental, cultural e lingüístico.