A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana por Bertamiráns. Deste xeito, o xoves 1 de outubro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde.
Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, son rutas circulares de dificultade media–baixa, cunha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Para participar na andaina, que non require inscrición previa, tan só é necesario estar o día 2 no centro de saúde ás 17.30 horas.
A ruta repetirase, na misma hora e lugar, os xoves 15 e 29 de outubro.
A través desta actividade, SaúdeAndo ten como obxectivo a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo entre os e as amesás de todas as idades, unha práctica entretida cunha importante repercusión na saúde.
