Pestanas principais

>Saída ornitolóxica

Sábado, 22 febreiro, 2020
Ás 10.15 horas na Praza do Concello e ás 10.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro

O departamento de Medio Ambiente ten programada esta saída ornitolóxica con saída ás 10.15 horas dende a Praza do Concello de Bertamiráns e ás 10.30 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ambasa través do servizo de autobús.

A actividade está pensada para todos os públicos, pero as prazas limítanse a 50, polo que todos aqueles interesados en participar deben enviar un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal para formalizar a inscrición. O prazo para facelo remata o próximo xoves día 20 ás 14.00 horas.

Durante os meses de inverno, moitas aves acuáticas de zonas de norte emigran a zonas cálidas buscando alimento dispoñible. Agora que chegan os meses de febreiro e marzo, estas aves poñen voo de novo ao norte. Desta maneira, con esta saída ornitolóxica organizada polo departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames terase a oportunidade de contemplar moitos destes exemplares.

Guías e expertos ornitolóxicos de SEO BIRD LIFE da delegación de Pontevedra axudaran aos asistentes na visualización e identificación de especies nesta ruta polo Complexo Intermareal Umia- O Grove.

O regreso está previsto para ás 17.00 horas á Casa da Cultura do Milladoiro e ás 17.15 horas á Praza do Concello, tamén facendo uso do servizo de autobús. Así, recoméndase levar algo de comida para o xantar.