Pestanas principais

>Segundo congreso Parto de Min

Sábado, 5 outubro, 2024
De 10:00 a 20:00 horas

O vindeiro 5 de outubro o Pazo da Peregrina acollerá o II Congreso Parto de Min, organizado pola Fundación Eomaia en colaboración co Concello de Ames. Será en xornada de mañá e tarde, de 10:00 a 20:00 horas, e nel abordaranse cuestións relacionadas co dereito das mulleres a dar a luz de forma segura e baixo a súa propia elección. No congreso participarán activistas e traballadoras de áreas como a obstetricia, o xornalismo ou a psicoloxía, entre outras. As entradas poden adquirirse na páxina web https://partodemin.fundacioneomaia.org/

O II Congreso Parto de Min dará inicio ás 10:00 horas cunha breve presentación. De seguido, a doutora María Jesús López Juez, experta en neurodesenvolvemento e desenvolvemento cerebral infantil, impartirá unha charla sobre os efectos do embarazo e o parto no neurodesenvolvemento.

Ás 11:00h psicóloga especializada en psicoloxía clínica e fundadora do Espazo Oikos, Raquel Bello, impartirá unha conferencia sobre o valor do apego na liña da vida. Despois, tras unha breve pausa, ás 12:30 horas terá lugar a charla Que lle ó corpo para que haxa un embarazo? da man da terapeuta menstrual e facilitadora de ritos de paso, Alba González.

A programación da tarde dará comezo ás 16:00 horas, coa presentación da exposición artística “Lupa Lusquenlla”, da artista Ana Cuncún. Ás 16:30 horas, subirá á palestra a doutora Carol Strate, médica especializada en xinecoloxía e obstetricia, para afondar nas esferas do coidado da muller embarazada.

A pausa da tarde producirase ás 17:30 horas. Ás 18:00h, a mestra, psicopedagoga especializada en educación emocional e benestar, e presidenta da Asociación Mudare, Susana Vales, falará sobre como se ve e se ensina o parto nas escolas. A última das intervención da tarde será a da historiadora da arte especializada en xénero, Natalia Fábregas, que ofrecerá un obradoiro artísticos sobre narrativas disidentes. Despois esta última actividade, darase paso á clausura do congreso.

O II Congreso Parto de Min celebrarase o sábado 5 de outubro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A iniciativa busca revisar a información relativa á xestación e ao parto que se lle está a dar ás novas xeracións, co obxectivo de desenvolver unha narración baseada en experiencias que fomente que as mulleres poidan dar a luz de forma segura e sempre baixo a súa propia elección. O congreso está organizado pola Fundación Eomaia, en colaboración co Concello de Ames. As entradas poden adquirirse premendo nesta ligazón.