- Tipo
- Tematica
O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o autocine "Ames Drive Cinema". O domingo 22 haberá sesións de tarde para público infantil e de noite para público adulto. Na sesión infantil, ás 17.30 horas proxectarase "Maléfica" e, ás 20.30 horas, "Mientras dure la guerra". O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.
Durante tres días Ames volverase “vintaxe” para emular o glamour e a extravagancia da América dos anos 50 e 60. O autocine, “Ames Drive Cinema”, instalarase no aparcadoiro da Telleira e contará coa luminosidade e a extravagancia das portas de acceso, o persoal de acomodo que dará información e facilitará o estacionamento a cada vehículo, un punto de rexistro onde se entregará a información relativa á emisora a seleccionar para escoitar a película, unha pantalla xigante, nesta ocasión de led, e ambientación entre pase e pase. O recinto estará perimetrado e os espazos para acoller a cada un dos vehículos numerados. Haberá carrís de entrada e saída e separación entre postos. En cada vehículo só poderán estar persoas conviventes.