martes, 19 Decembro, 2023 a xoves, 21 Decembro, 2023
Ás 17:30 horas
- Tipo
- Tematica
"Contos de Nadal" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de decembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 12, 13 e 14 de decembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 19, 20 e 21 de decembro, sempre ás 17:30 horas.
O prazo de inscrición para participar nas sesións na biblioteca de Bertamiráns estará aberto do 11 ao 16 de decembro. Para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 981 88 48 29 ou enviar un correo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e idade dos cativos/as que vaian a acudir, así como un teléfono de contacto.
