Pestanas principais

> Sesión de contos no Milladoiro

martes, 3 Outubro, 2023 a xoves, 5 Outubro, 2023
Ás 17:30 horas

"Merenda de contos" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de outubro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 3, 4 e 5 de outubro, mentres que en Bertamiráns parará os días 17, 18 e 19 de outubro, sempre ás 17:30 horas. 

O prazo de inscrición para participar nas sesións na biblioteca do Milladoiro estará aberto do 25 ao 30 de setembro. Para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 981 53 08 07 ou enviar un correo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e idade dos cativos/as que vaian a acudir, así como un teléfono de contacto.