Pestanas principais

> Sesión virtual do programa Apego con “Contos de medo que deixan durmir”

Xoves, 29 outubro, 2020
Entre as 17:00 E As 19:00

“Contos de medo que deixan durmir”, a primeira das actividades propostas polo programa Apego para este trimestre, desenvolverase de xeito virtual por mor da loita contra a pandemia da Covid19.
A sesión corre a cargo de Caxoto contacontos.
Non hai limitacións de aforo. Porén, hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal ou chamando por teléfono ao 662 377 2175.  

O prazo para inscribirse remata o mércores, 28 ás 14:00 horas. 

Logo, entre as 17 e as 21 do xoves, 28 de outubro, calquera persoa que o desexe e que estea previamente inscrita poderá premer na ligazón que se lle envíe e acceder ao contacontos.

“Contos de medo que deixan durmir” ofrece recursos para que os nenos e as nenas aprendan a afrontar o medo, a rirse del, a sacarlle proveito e a transformalo nunha porta cara a un mundo cheo de emocións e de fantasía.