Pestanas principais

>"Son, son... quen son?" en Bertamiráns

Martes, 1 abril, 2025
Ás 17.30 horas

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura. 

A primeira das sesións realizarase no mes de febreiro, cos "Son, son... quen son?". En Bertamiráns estarán o martes 1 e xoves 3 de abril ás 17.30 horas. As inscricións para a actividade estarán abertas do 24 ao 29 de marzo e pódense facer chamando ao 981 884 829 ou enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e idade das crianzas que van a participar, xunto cun número de teléfono de contacto.