- Tipo
- Tematica
A Asociación Terras de Compostela, en colaboración do departamento de Turismo do Concello de Ames, organizan un taller para os establecementos do sector turístico sobre medidas hixiénico-sanitarias fronte á Covid-19. Será o próximo mércores, 10 de xuño, de 16.30 a 19.00 horas. Para asistir a esta xornada gratuíta, é necesario inscribirse, xa que aforo é limitado. Emitirase un certificado acreditando a asistencia a dita formación.
O obradoiro forma parte do Plan de reactivación do sector turístico ante a crisis sanitaria que estamos a vivir, e do programa “Galicia, destino seguro” da Xunta de Galicia. Levarase a cabo no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 16.30 a 19.00 horas.
As prazas limítanse a 30, para poder garantir as medidas de seguridade e distanciamento, e serán concedidas por orde de inscrición. As persoas asistentes deberán traer a súa propia máscara, bolígrafo e caderno de notas, para evitar compartir material.
Para realizar a inscrición, pódese facer a través do Concello de Ames, enviando un correo á dirección sonia.moure@concellodeames.gal ou a través da Asociación Terras de Compostela, enviando o correo a info@terrasdecompostela.org.