Luns, 27 marzo, 2023
Ás 19:00 horas
- Tipo
- Tematica
Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O luns 27 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar o obradoiro de percuterapia impartido por Pedro Campos. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns. A percuterapia é unha arte que mestura diferentes disciplinas e que permite marcar o ritmo do propio corpo a través do movemento e de distintos obxectos, traballando corpo, emocións e memoria.