- Tipo
- Tematica
A programación de Ames Cultural do primeiro semestre de 2023 continúa coa representación de "Continente María", unha obra de Ainé Producións. Nela, homenaxéase a figura de María Casares, achegándoa ao público, á vez que se fala da propia condición dos artistas nun mundo de constante cambio, analizando escenicamente as contradicións do país e da sociedade. As entradas pódense adquirir xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
Na obra, María Casares preséntase como un continente que ansiamos percorrer, establecendo unha cartografía emocional baseada nas súas vivencias pensamentos e recordos, viaxando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tratar de entender mellor un mundo no que, non fai moitos anos, os exiliados eramos os españois.