Venres, 24 marzo, 2023
Ás 20:30 horas
- Tipo
- Tematica
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o 24 de marzo a representación da obra "Continente María" con motivo do Día Mundial de Teatro. Será as 20:30 horas. A peza pretende recuperar e homenaxear a figura da actriz, achegándoa ao público e falando da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando as contradicións da sociedade. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
Na obra, María Casares preséntasenos como un continente que ansiamos percorrer, establecendo unha cartografía emocional baseada nas súas vivencias, pensamentos e recordos, viaxando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tratar de entender mellor o mundo actual.