- Tipo
- Tematica
No mes de marzo celebraranse cinco obras da programación cultural de Ames do primeiro semestre de 2022. O venres 11 de marzo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns, a compañía A Quinta do Cuadrante representará “A lúa vai encuberta”, un texto orixinal de Manuel María arredor da realidade galega e da loita por conformar unha identidade propia. As entradas están xa a venda na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
"A lúa vai encuberta" é unha peza arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia.
Confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvela un discurso que hoxe en día está sendo moitas veces silenciado, e que explica, en certa maneira, as razóns dos trazos políticos, sociais e económicos que caracterizan o noso país.