- Tipo
- Tematica
A biblioteca de Bertamiráns acolle o xoves 20 de abril a representación da obra teatral "O valo", que tamén recalará o día 14 no Milladoiro. "O valo" é unha proposta da compañía Os furabolos (Pablo Núñez e Carlos Labraña). O texto, do propio Carlos Labraña, conseguiu o IX Premio Manuel Murguía de Literatura Dramática Infantil. Será ás 17:30 horas. Está dirixido a público infantil a partir de oito anos.
No medio dun deserto, un soldadiño crava unha bandeira e coloca un valado de arame para sinalar a fronteira. Do outro lado, Sáhara, un rapaz que fuxe da guerra, trata de convencelo de que o deixe pasar, posto que busca un pozo no que saciar a súa sede. A obra propón una reflexión sobre igualdade e paz entre todas as persoas e comunidades.