- Tipo
- Tematica
O departamento de Bibliotecas de Ames organiza, con motivo da celebración do Día do Libro, a representación da obra "As palabras perdidas", de Inventi Teatro, que terá lugar o sábado 22 ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites, que son de balde, poden descargarse a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
A obra narra a historia da condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof, dous viaxantes chegados dende moi lonxe. Ambos se dispoñen a contar o seu relato preferido cando se decatan de que o conto está cheo de buracos, e faltan palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron, borradas pola falta de uso, e só utilizándoas pronto volverán ao conto. O espectáculo ten unha duración de 45 minutos.