Venres, 17 marzo, 2023
Ás 20:30 horas
- Tipo
- Tematica
O venres 17 o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a representación de “A señora de Forcadela”, ás 20:30 horas. A obra de teatro narra unha historia baseada na biografía da mestra Josefa García Segret, que foi detida durante o ano 1936 e retida na prisión de Tui. A súa vida foi salvada grazas á intervención dun médico forense e dun doutor que aseguraron que estaba embarazada, e a súa pena de morte foi conmutada por cadea perpetua e, posteriormente, reducida a seis anos. As entradas para o espectáculo xa se poden reservar, de balde, na Billeteira electrónica do Concello. A representación forma parte da programación do 8M do Concello de Ames.