Pestanas principais

>Teatro: As virxes salvaxes (estrea)

Venres, 14 febreiro, 2020
Ás 21.00 horas

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a estrea desta peza teatral de Teatro do Noroeste. Cunha duración de 90 minutos, está destinada a un público adulto. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

Este espectáculo é unha homenaxe, se cadra algo irrelevante, aos nosos maiores máis revoltosos. Unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluir aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas ata o final. Mais chegaron as presas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, e preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso. Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a cultura@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 981 535 940.