- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. Unha das actuacións será a da peza teatral "TROMSØ", da compañía Morraoconto, que se representará o 21 de marzo, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.
"TROMSØ", da compañía Morraoconto é a segunda das estreas que ofrecerá a programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do 2025. A obra, dirixida por Rafa Martínez e Esther Latorre, é unha comedia que, ademais de facernos rir, é unha reflexión sobre a pena, a morte e a vida, entre outros temas universais cos que calquera persoa poderá sentirse identificada. O espectáculo contará con música en directo a cargo de Julia Ammerman e Manuel Fernández.
Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz. Tromsø é unha reexión, en clave de humor, dende a perda sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte na procura dun lugar onde tirar pola borda a pena que se alimenta da alma. Tromsø parte da experiencia persoal nun contexto especíco, pero trata temas universais, como a morte e a perda, cos que calquera persoa se sentiráa identi- cada.