Pestanas principais

>Trouleando: "Aquapark Cerceda"

Luns, 15 xullo, 2024
A partir das 11:00 horas

A Concellaría de Xuventude de Ames organiza, a través do programa Trouleando, unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. Será o 15 de xullo e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro.

Coincidindo co inicio do verán, a Concellaría de Xuventude organiza para este mes de xuño unha nova actividade do programa Trouleando. Desta volta prográmase unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc.

A actividade terá lugar o 15 de xullo. Haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina ás 11.00h e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 11.15 horas. O regreso aproximado está previsto para as 20.15h no Milladoiro e 20.30h en Bertamiráns.