- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Xuventude de Ames organiza para o 22 de xuño, a través do programa Trouleando, unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. As persoas interesadas poden anotarse entre os días 8 e 14 de xuño (ambos incluídos). As prazas para participar son limitadas e asignaranse por orde de chegada.
Haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina ás 11.15h e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 11.30 horas. O regreso aproximado está previsto para as 20.15h no Milladoiro e 20.30h en Bertamiráns.
Poden inscribirse os/as mozos/as empadroados/as no concello de Ames, dende os 12 anos cumpridos (nados en 2010), enviando a ficha cuberta e asinada a xuventude@concellodeames.gal entre o 8 e o 14 de xuño. As prazas son limitadas (55 por orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles). Será preciso contar cun mínimo de 25 mozos/as para desenvolvela actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade.
Para resolver posibles dúbidas pódese contactar coa Concellería de Xuventude a través do correo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Os/as participantes deben levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar factor 50, e muda. Os participantes tamén deben levar a comida e merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque.