- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Mocidade ten programada para o venres 29 de outubro unha nova actividade do programa Trouleando, que está dirixida aos/ás mozos/as de Ames. Neste caso, organizouse unha xornada de Nova Jump. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 15 ao 21 de outubro.
A actividade terá lugar o venres 29 de outubro, con saída en bus dende o Pazo da Peregrina (Bertamiráns) ás 19h e da Casa da Cultura do Milladoiro ás 19.15h. O regreso efectuarase nas mesmas paradas, chegando a Milladoiro arredor das 22.30h e a Bertamiráns ás 22.45h aproximadamente. Os participantes menores deben ser recollidos na parada polos pais/nais/titores-as ou representantes legais.
Para inscribirse hai que estar empadroado/a no Concello de Ames e ter entre 12 anos cumpridos (nados en 2009) e 30. As prazas son limitadas (por orde de chegada). Premendo neste enlace pódese descargar a ficha de inscrición, unha vez cuberta hai que enviala a omix@concellodeames.gal. O prazo para entregala é entre o 15 e o 21 de outubro.
Será preciso contar cun mínimo de 15 mozos/as para desenvolvela actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anulala.