- Tipo
- Tematica
O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura.
A última das sesións realizarase no mes de maio, cos "Un conto para rir antes de durmir". En Milladoiro estarán o martes 20, mércores 21 e xoves 22 de maio ás 17.30 horas. As inscricións para a actividade estarán abertas do 12 ao 16 de maio e pódense facer chamando ao 981 530 807 ou enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e idade das crianzas que van a participar, xunto cun número de teléfono de contacto.
![](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/eventos/imagenes/2025/01/contacontos0525-0000.jpg)