- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. Unha das actuacións será a da peza teatral "Un Deus salvaxe", da compañía Talía Teatro, que se representará o 7 de marzo, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.
"Un Deus salvaxe", con texto creado por Yasmina Reza, é unha comedia dirixida a un público de +13 anos que narra conflitos dramáticos, con rapaces de por medio, cunha dose de humor.
Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Beizos inchados e dous dentes rotos…. Os pais da “vítima” convidan á súa casa aos pais do “matón” para resolver o conflito. O que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais, adquire un ton máis violento a medida que os pais van revelando as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais.
A situación descontrólase de tal modo que ninguén está a salvo de recibir a súa ración de ofensa persoal e todos os intentos por acougar os ánimos e instaurar a paz acaban fracasando. Cada un ten a súa propia opinión sobre como canalizar o conito que afecta aos seus llos e de aí xorden outros temas nos que por suposto non logran poñerse de acordo. A obra saca todo o lixo que estes catro individuos acumularon ao longo da súa vida e amósanos a súa cara oculta. Un deus salvaxe é puro guión, puro diálogo e pura interpretación.