Venres, 27 setembro, 2024
A partir das 16:30 horas
- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza por sexto ano consecutivo unha ampla oferta de actividades no Día do Deporte, que se celebrará este venres, 27 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, de 16:30 a 20:00 horas. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos.
A veciñanza poderá gozar de actividades dirixidas como aerozumba, spinning ou baile moderno, así como de piragüismo, atletismo, xadrez, baloncesto, balonmano, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, judo e taekwondo. As persoas que participen en seis desas actividades recibirán un agasallo na carpa de participación. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos.