- Tipo
- Tematica
O apalpador realizará unha visita en horario de mañá polas Escolas Infantís da rede Galiña Azul e nas Unitarias de Covas e Ortoño.
Xa pola tarde, visitará a Biblioteca de Bertamiráns ás 16.30 horas e posteriormente a do Milladoiro ás 17.30 horas.
O Apalpador é un xigante carboeiro que descende das devesas na noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a zona, para visitar aos nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
A súa figura comezou a popularizarse como símbolo do anticonsumismo no Nadal e para recuperar os valores da tradición natalicia galega e confrontalo co importado Papa Noel ou coa figura dos Reis Magos.
Un personaxe mítico da tradición galega que estaba ao límite da desaparición e que está sendo recuperada nos útimos anos grazas a intensa campaña realizada por un grupo de investigadores e profesores.