Pestanas principais

>Visita nocturna a petróglifos

Sábado, 24 agosto, 2024
Ás 21.30 horas

O Concello de Ames e o colectivo A Rula organizan o sábado, 24 de agosto, a quinta edición da ruta nocturna circular aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra. Comezará ás 21:00 horas dende o miradoiro do bosque do Peregrino, en Ventosa. Haberá servizo de autobús, que pasará ás 21.00 horas pola Casa da Cultura do Milladoiro, e ás 21.15 horas polo Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A visita rematará ás 23.30 horas. Ao remate haberá servizo de autobús de regreso, que volverá polos lugares onde colleu aos participantes. Para participar nesta saída hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 25 prazas.

O sábado, 24 de agosto, o colectivo A Rula e o Concello de Ames organizan unha visita aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra, ambos os dous situados na área arqueolóxica da Ventosa e pertencentes ao conxunto do Parque Compostela Rupestre. Estes petróglifos son parte de máis dunha vintena de xacementos prehistóricos e protohistóricos repartidos por todo o municipio amesá.

A ruta nocturna circular para coñecer este patrimonio de Ames comezará no miradoiro do bosque do Peregrino, en Ventosa, ás 21:30 horas. Para participar nesta saída, que conta con 25 prazas, cómpre inscribirse, enviando este impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Haberá servizo de autobús, que pasará ás 21.00 horas pola Casa da Cultura do Milladoiro, e ás 21.15 horas polo Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A visita rematará ás 23.30 horas. Ao remate haberá servizo de autobús de regreso, que volverá polos lugares onde colleu aos participantes.