- Tematica
A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. No primeiro taller do martes 17 de novembro, impartido por Carol Herrera, traballarase a autoestima, o autocoñecemento, e o empoderamento persoal e colectivo como bases para construír relacións saudables. A iniciativa desenvolverase vía online e, para participar, é necesario inscribirse a través desta páxina web.
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, a Concellaría de Benestar Social organiza a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. A programación, que consta de tres obradoiros de balde, inaugurarase o martes 17 de novembro coa sesión "Quererse para querer: construíndo relacións saudables", impartida por Carol Herrera.
No taller "Quererse para querer: construíndo relacións saudables" traballarase a autoestima, o autocoñecemento, e o empoderamento persoal e colectivo como bases para construír relacións saudables. Exporanse ferramentas para construír relacións igualitarias, sas, e libres de malos tratos e violencia. Falarase da soidade e da importancia das redes afectivas para evitar a dependencia emocional. Trátase de aplicar a teoría feminista ás nosas vidas cotiás para vivir mellor, sufrir menos e gozar máis dos nosos afectos, a nosa sexualidade e as nosas relacións amorosas.
Coral Herrera, é Doutora en Humanidades e Comunicación pola Universidade Carlos III de Madrid, escritora e investigadora sobre feminismo e construción sociocultural do amor romántico. Compaxina a súa labor divulgadora coa de consultora en institucións como UNESCO, ILANUD e AECID e profesora na Universidade Carlos III de Madrid, Universidade da Sorbona París IV e UNED/UNED Costa Rica. Para coñecer máis ás profesionais, preme nesta ligazón.
O obxectivo principal é crear distintas oportunidades de aprendizaxe e intercambio no que se poida analizar a igualdade e prevención da violencia de xénero a través de diferentes actividades, cun fin divulgativo e formativo, que contribúa ao empoderamento e mellora do desenvolvemento persoal. As tres sesións realizaranse vía online de 19.00 a 20.30 horas. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través desta páxina web.
Para máis información, pórse en contacto a través do número 669 962 249.