Pestanas principais

> Xuntanza sobre acollemento familiar de Acougo

Sábado, 3 decembro, 2022
Ás 17:30 horas

A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) organiza este sábado, 3 de decembro, un novo encontro entre persoas da comunidade do acollemento, co fin de que poidan compartir dúbidas, experiencias ou preocupacións. Será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 17:30 horas. Para participar na xuntanza cómpre cubrir o formulario que se pode atopar premendo nesta ligazón.

Cantas crianzas e adolescentes están no sistema de protección? Que porcentaxe están en acollemento en familia extensa e allea? Que entidades están implicadas no acollemento familiar? Son algunhas das cuestións que a asociación Acougo pretende resolver coas “Xuntanzas en familia”, uns encontros entre persoas acolledoras ou en proceso de idoneidade, educadores e educadoras dos centros residenciais e calquera con inquedanzas sobre o proceso de acollida.

Multimedia