Pestanas principais

O Goberno municipal reúnese coas asociacións veciñais de Tapia, Piñeiro, Covas, As Tres Aldeas e Pedra do Fuso para abordar as incidencias detectadas no servizo de transporte metropolitano

Xoves, 28 de abril de 2022

O Goberno municipal está facendo unha rolda de xuntanzas coas asociación de veciños para abordar diferentes temas de índole municipal. Este mércores, 27 de abril, mantiveron unha reunión con representantes das asociacións veciñais de Tapia, Piñeiro, Covas, As Tres Aldeas (Vilar, Pedrouzos e Lamas) e Ames (Pedra do Fuso), para abordar as incidencias detectadas nos últimos meses no servizo de transporte metropolitano que afecta á veciñanza destas parroquias. Dende as asociacións trasladaron o seu malestar pola desaparición da frecuencia de autobús das 13:15 horas da liña Portomouro-Santiago, xa que esta é a frecuencia máis empregada pola veciñanza destas parroquias.

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, e mailo concelleiro do Rural, Santiago Márquez, participaron este mércores, 27 de abril, nunha xuntanza coas asociacións veciñais de Tapia, Piñeiro, Covas, As Tres Aldeas (Vilar, Pedrouzos e Lamas) e Ames (Pedra do Fuso), para abordar as incidencias detectadas no servizo de transporte metropolitano e tratar de buscar solucións neste eido coa Dirección Xeral de Mobilidade, da Xunta de Galicia, que é o organismo competente nesta materia.

Dende as asociacións trasladaron o seu malestar pola desaparición da frecuencia de autobús das 13:15 horas da liña Portomouro-Santiago, xa que esta é a frecuencia máis empregada pola veciñanza destas parroquias. Os representantes das asociacións tamén dixeron que ultimamente a máquina de cobro de billetes non funciona segundo lles informan os condutores dos autobuses e non aceptan o pago en efectivo. Deste xeito, non queda constancia do número de usuarios/as que utiliza o servizo o que pode provocar que a empresa concesionaria quite algunha frecuencia máis alegando falta de viaxeiros/as.

Por último, dixeron que nos horarios desta liña están a sufrir alteracións excesivas o que fai que a veciñanza non chegue a tempo aos seus traballos, centros de estudios, visitas médicas, etc.

Dende o Goberno municipal apoian a toda a veciñanza afectada xa que dende a entrada en funcionamento, o pasado 23 de decembro de 2020, da nova concesión, o servizo do transporte metropolitano é cada vez máis precario, indo en contra do modelo actual de mobilidade que pretende promocionar o uso do transporte público, pero para iso precísase dun servizo de calidade.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “de novo dende o Concello de Ames temos que poñernos en contacto coa Dirección Xeral de Mobilidade, para dar a coñecer cal é a situación na que se encontra a veciñanza amesá no eido do servizo de transporte metropolitano, que discorre polo noso municipio, e que se está a prestar neste momento. Vamos a desenvolver varias accións conxuntas e de forza para conseguir recuperar as frecuencias, e que os veciños e veciñas poidan ter un servizo normal".

Blas García engade “debemos trasladar o noso malestar polos trastornos que están a ocasionar estas anomalías na veciñanza de Piñeiro, Ames, Covas e Tapia; e quero declarar con rotundidade que este Goberno defenderá e apoiará a toda a veciñanza nas súas reclamacións sobre o funcionamento do transporte metropolitano, e máis tratándose do rural, xa que é imprescindible que este servizo funcione ben e atenda as necesidades porque é clave para fixar a poboación”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Surgen más quejas por recortes del transporte en el rural de Ames"

El Correo Gallego: "Voa a frecuencia das 13.15 no autobús de Portomouro"

Enfoques: "El gobierno de Ames aborda las incidencias del transporte metropolitano con asociaciones vecinales"

O Goberno municipal reúnese coas asociacións de veciños de Ames, Piñeiro, Tapia e Covas para abordar as incidencias detectadas no servizo de transporte metropolitano

Multimedia

  • O Goberno municipal reúnese coas asociacións de veciños de Ames, Piñeiro, Tapia e Covas para abordar as incidencias detectadas no servizo de transporte metropolitano