Pestanas principais

Resultado do sorteo para participar na campaña de neve da Deputación da Coruña na estación de Valgrande – Pajares

Luns, 19 decembro, 2022
Un ano máis Ames é un dos concellos participantes na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña entre o 13 de xaneiro e o 17 de febreiro de 2023. O programa está dirixido a rapaces e rapazas que teñen entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2022. Ao Concello de Ames correspóndenlle 15 prazas na cuarta quenda que será do 3 ao 6 de febreiro de 2023. Ademais, dos cursos de esquí, os participantes poderán realizar actividades complementarias ou alternativas no caso de que non se poida esquiar.

As rapazas e rapaces amesás viaxarán a Asturias na cuarta das seis quendas de concellos que establece a Deputación. Deste xeito, poderán gozar de catro días (do 3 ao 6 de febreiro) nesta estacional invernal e de montaña. A cota de inscrición, de 85 euros, inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, así como monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen estas actividades e cursos.

Recoméndaselle ás persoas asistentes levar consigo certa roupa e equipamento se fora posible, como un gorro, luvas, gafas de esquí ou de sol, anorak térmico, pantalóns impermeables, roupa de rúa e deportiva, chuvasqueiro, unha mochila pequena, útiles de aseo, pixamas e roupa interior, así como crema protectora solar cun factor mínimo de 25.

Para máis información pódese acudir á esta páxina web da Deputación da Coruña, chamar ao número de teléfono 981 080 319 ou enviar un correo electrónico ao enderezo gabinete.deportes@dicoruna.gal.

Multimedia