Pestanas principais

Victoria Otero, Berta Caro, Marta Arufe e Alejandra González, protagonistas do Día da Muller e da Nena na Ciencia en Ames

Martes, 18 de febreiro de 2025

Os IES de Ames e do Milladoiro acolleron durante o día de hoxe, con motivo da celebración o pasado 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, unhas charlas que lle amosaron á mocidade amesá as posibilidades que ofrece o ámbito da ciencia e a tecnoloxía na actualidade, así como demostrar que as mulleres tamén teñen posibilidades nestas ramas profesionais. As conferencias estiveron protagonizadas pola presidenta da Real Sociedade Matemática Española, Vitoria Otero; a directora corporativa da empresa Tecalis, Berta Caro; a xefa de proxecto de CATEC (Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales), Marta Arufe, e unha das enxeñeiras de robótica aérea de CATEC en Galicia, Alejandra González.

Os nenos e nenas dos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro tiveron a oportunidade de poder asistir hoxe a unha charla con catro mulleres pioneiras e referentes dentro dos ámbitos da ciencia e da tecnoloxía, como son a presidenta da Real Sociedade Matemática Española, Victoria Otero; a directora corporativa da empresa Tecalis, Berta Caro; unha das xefas de alto proxecto da empresa CATEC (Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales), Marta Arufe, e unha das enxeñeiras de robótica aérea de CATEC en Galicia, Alejandra González.

Coa realización desta charla, buscouse achegarlle ás novas xeracións, sobre todo ás mozas, as posibilidades que ofrecen estas ramas profesionais, xunto con amosarlles referentes femininas en ámbitos nos que a presenza de mulleres segue a ser baixa.

Deste xeito, a esta xornada asistiron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; a concelleira de Educación, Carmen Porto, e a concelleira de Igualdade, Uxía García.

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou que “Ames é un dos 90 municipios de España que pertence á Red Impulsa, o que nos converte en referentes dentro do ámbito da innovación e a tecnoloxía, demostrando as posibilidades que ofrece o noso concello para desenvolver proxectos punteiros nestes ámbitos”.

A concelleira de Educación, Carmen Porto animou aos mozos e mozas a “aproveitar e escoitar a referentes no ámbito da ciencia como as mulleres de hoxe, xa que é unha oportunidade para descubrir opcións de futuro e posibles ramas profesionais ás que podedes chegar”. Así mesmo, agradeceu “aos IES de Ames e do Milladoiro que nos acolleran nesta xornada para achegarlle ao alumnado referentes femininas nestes ámbitos”.

Na mesma liña, a concelleira de Igualdade, Uxía García, tamén motivou á mocidade a “aproveitar moito a experiencia do que conten nesta xornada e nunca vos poñades barreiras a vós mesmos. Hoxe temos aquí catro exemplos moi bos de igualdade e de superar barreiras que ata hai pouco eran impensables”.

A importancia da presenza de mulleres na ciencia
A primeira en intervir e narrar a súa experiencia profesional foi a presidenta da Real Sociedade Matemática Española, Victoria Otero, moi afincada no noso municipio. Ao longo da súa intervención explicou os motivos polos que se conmemora este día, dando a coñecer mulleres pioneiras no ámbito científico e que, para o público xeral, adoitan ser descoñecidas.

Así mesmo, explicou a importancia da necesidade de mulleres no ámbito científico pois “se non hai ciencia en feminino, hai temas que só se van a estudar desde unha mesma perspectiva, provocando así unha fenda de xénero moi significativo”. Ademais, Vitoria Otero achegoulles á mocidade amesá as posibilidades que ofrecen as matemáticas no noso día a día.

As infinitas posibilidades da tecnoloxía hoxe en día
Pola súa banda, a directora corporativa da empresa Tecalis, Berta Caro, explicoulle ao alumnado dos institutos de Ames as posibilidades que ofrece a tecnoloxía de hoxe e que, coma foi a súa situación, vai máis aló dos clásicos perfís técnicos.

Tecalis é unha empresa pioneira en España, centrada, entre outros temas, na verificación da identidade dixital. Ademais de explicar as funcións da súa empresa, Berta Caro demostroulle ao alumnado presente os perigos que tamén posibilitan as novas tecnoloxías, coma por exemplo a suplantación de identidade a través da Intelixencia Artificial.

Superación persoal, unha das claves
As últimas en intervir foron a xefa de proxecto do centro CATEC, Marta Arufe, e unha das enxeñeiras de robótica aérea en Galicia desta empresa, Alejandra González. Ámbalas dúas achegáronlles as súas experiencias persoais aos mozos e mozas, explicándolles as barreiras coas que se poden atopar ao longo do camiño, concretamente na etapa da universidade, así como demostrar que as mulleres novas tamén poden entrar no mundo da enxeñería.

Pola súa banda, Marta Arufe, explicou todas as súas funcións en CATEC, como o desenvolvemento de negocio e xestión de proxectos de I+D e innovación, demostrando así que ser enxeñeiro non consiste só en programar ou nunha vertente puramente técnica. No outro lado, Alejandra González, explicou o proceso de frustración e incerteza que afrontou ao longo da universidade mais que isto non supuxo poder acadar finalmente os seus obxectivos e chegar ao posto no que está hoxe en día.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ciencia en feminino para reducir a fenda de xénero na tecnoloxía"

La Voz de Galicia: "Charlas de concienciación en los institutos de Ames por el Día Internacional de la Mujer y de la Niña en la Ciencia"

Victoria Otero, Berta Caro, Marta Arufe e Alejandra González, protagonistas do Día da Muller e a Nena na Ciencia en Ames

Multimedia

  • Victoria Otero, Berta Caro, Marta Arufe e Alejandra González, protagonistas do Día da Muller e a Nena na Ciencia en Ames