Pestanas principais

123 atletas participarán este domingo no XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta que se celebrará no Milladoiro

Venres, 03 de febreiro de 2023

A localidade do Milladoiro acollerá este domingo, 5 de febreiro, o XXXIV Campionato Xunta de Galicia masculino e feminino de marcha en ruta, que se disputará nun circuíto que discorre pola Travesía do Porto, rúa das Palmeiras, parte da avenida Muíño Vello e rúa dos Agriños. Debido á celebración desta proba deportiva haberá cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento. Trátase dunha proba organizada pola Federación Galega de Atletismo na que están inscritos 123 atletas con ficha da FGA. Participarán 18 atletas dos clubs locais de Ames (8 atletas do Ames Atletismo e 10 atletas do Club de Atletismo Millaraio).

O concello de Ames acolle por primeira vez este campionato que está organizado pola Federación Galega de Atletismo. Esta proba, que chega á súa trixésimo cuarta edición, está dividida en diferentes categorías: sub10 e sub12 (con proba masculina e proba feminina independente), sub 14, sub16 e absoluta (probas mixtas). No campionato están inscritos 123 atletas con ficha da FGA. Participarán 18 atletas dos clubs locais de Ames (8 atletas do Ames Atletismo e 10 atletas do Club de Atletismo Millaraio).

Do Ames Atletismo están inscritos Ángel Carballeira Becerra e Lois García Villar (categoría sub10); Nicolás Collazo Santamaría (sub18); Olivia García Caamaño e Julieta Rodríguez Cavero (sub10); Manuela García Caamaño (sub14); Ainhoa Suárez Miramontes (sub16); e María del Carmen Jueguen Lago (W45).

Do Club de Atletismo Millaraio participan Nadir Moreira Gómez (categoría sub16); Sara Blanco Lago, Erin Bouzas Durán e Lía Rouco García (sub10); Carmela Chico Seoane e Claudia Vidal López (sub12); Lena Ares Simón, Claudia Núñez Torres, Ana Barreiro López e Eva Ojea Hernández (sub14).

Horarios das probas
O campionato dará comezo coa proba sub12 masculina, que terá un recorrido de dous quilómetros, e está programada para as 10:45 horas. Posteriormente, desenvolverase a carreira sub12 feminina, ás 11:00 horas, na que tamén se percorrerán dous quilómetros. Ás 11:15 e ás 11:25 horas será a quenda dos participantes na categoría sub10 masculina e feminina, respectivamente, que correrán un quilómetro. Xa ás 11:35 terá lugar a proba sub14 masculina e feminina. Esta proba conta cun percorrido de tres quilómetros.

Para finalizar, celebraranse as probas da categoría sub16 e maila absoluta. A primeira comezará ás 12:00 horas, e os participantes deberán correr cinco quilómetros; mentres que na segunda a sinal de saída darase ás 12:35 horas, e os participantes terán un percorrido de dez quilómetros.

Cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento
Con motivo da celebración de dito campionato nos arredores da área deportiva do Milladoiro informase:

-Que estará prohibido estacionar, ese día, no aparcadoiro da área deportiva/Casa da Cultura do Milladoiro dende as 8:00 ata as 15:00 horas.

-Que as seguintes rúas, por onde transcorre o citado campionato, estarán cortadas ao tráfico en horario de 10:00 a 14:15 horas: Travesía do Porto, rúa das Palmeiras, parte da avenida Muíño Vello e rúa dos Agriños. Recoméndase evitar ditas vías.

Cartaz do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta

Multimedia

  • Cartaz do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta