- Tematica
O I Circuito de Golf TUR 43 afronta a súa recta final cunha dobre cita para esta fin de semana nas instalacións de Piñeiro que ademais de acoller o sábado,16 de outubre a gran final, será sede dun torneo paralelo que se comezará o venres e para o que xa están inscritos 135 golfistas, a meirande parte deles socios do club ubicado no concello de Ames.
Co obxectivo de ofrecer aos membros do Real Aeroclub a posibilidad de participar na gran festa do golf da España Verde, organízase a proba paralela á final, na que están inscritos 135 golfistas, a meirande parte socios do club ubicado no concello de Ames.
Segundo o alcalde de Ames, Blas García, “Para o Concello de Ames é moi positivo participar neste proxecto, xa que nos permite vincular o fantástico campo de golf do Aeroclub de Santiago co noso concello, que é onde está ubicado realmente. Ademais, permítenos dar a coñecer e difundir este deporte entre os nosos veciños e veciñas".
Pola súa banda, o concelleiro de Turismo, Manuel Lens, manifesta que "Para o departamento de turismo esta é unha gran oportunidade para promocionar Ames como destino turístico de Golf, xa que este deporte consigue ser un atractivo turístico por se mesmo. Ademais conxuga o contacto coa natureza, o respecto polo medio ambiente, e axuda a crear riqueza xerando novas oportunidades de negocio".
Importantes premios
A proba, aínda que deseñada con vistas a que os socios do club compitan no circuíto, está aberta a golfistas externos. O gañador desta proba, ademais de recibir a concha de Sargadelos como trofeo, obterá como premio unha estancia para dúas persoas en réximen de aloxamento e almorzo no Hotel Hesperia A Coruña Centro, dúas entradas para o Museo Mega de Estrella Galicia, ubicado na Cxoruña, e un almorzo ou cea para dúas persoas no restaurante coruñés con estrella Michelin Árbore da Veira. O segundo clasificado recibirá un premio similar, coa concha de Sargadelos, as entradas a MEGA, la comida en Árbore da Veira e unha estancia, tamén para dúas persoas que, neste caso, será no Hotel Plaza, tamén na Coruña.
Gran final
A proba paralela de Ames servirá como pórtico á Gran Final do Circuito de Golf TUR 43, no que competirán 16 golfistas que se clasificaron nos eventos celebrados no Izki Golf Club do municipio alavés de Bernedo, no campo de golf ovetense de Las Caldas, no Real Club de Golf da Coruña e no Meaztegi Golf Club de Bilbao. Todos eles loitarán por acadar o Trofeo do Peregrino de Sargadelos que acredita aos mellores golfistas da España Verde en cada unha das categorías: Primera e Segunda Categoría, Mellor Sénior e Mellor Dama. A saída da final será a tiro, o que significa que todos os golfistas iniciarán o seu percorrido ao mesmo tempo, aínda que desde diferentes puntos do campo.
Patrocinios
Para por en marcha este circuito de golf, TUR 43 contouse co apoio de importantes patrocinadores, como a Deputación da Coruña, o Xacobeo 21-22,o Concello de Ames, o Consorcio de Turismo de A Coruña e a Agencia Gallega de Calidad Alimentaria (Agacal). Ademais, tamén o apoio da Federación Gallega de Golf y de numerosas empresas vinculadas aos sectores do turismo e a alimentación, entre elas os saborosos "chicharróns" de Casa Abelleira de Bertamiráns.