Pestanas principais

15 veciñas de Ames participan no “Programa Integral para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables”

Luns, 10 de agosto de 2020

Fomentar o emprendemento feminino, mellorar a autoestima e traballar na loita contra a violencia de xénero son algúns dos obxectivos do “Programa Integral para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables” no que participan quince veciñas de Ames. O programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, en colaboración co Xacobeo 2021, lévase a cabo no Concello de Ames a través do Centro de Información da Muller (CIM), dependente da concellaría de Servizos Sociais e Promoción da Igualdade. Está previsto que as quince mulleres que participan neste programa alonguen a súa formación até o mes de setembro.

O “Programa Integral para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables” ten unha duraciçón de 150 horas. As participantes accederon ao programa despois dunha entrevista e avaliación individualizada. Até o de agora participaron nun módulo de Igualdade de Oportunidades e nun taller que levaba por título “Vivir en Positivo”. Formáronse nos distintos tipos de violencia e no xeito de detectalos e previlos, acudiron a unha sesión presencial titulada “A actitude multiplica”, analizaron o modo de evitar as relacións tóxicas e participaron nun obradoiro de sexualidade.

Desde o 5 de agosto e até o 11 do mesmo mes, as mulleres están afondando nos autocoidados e no empoderamento. O día 12 está previsto que acudan a unha sesión presencial de “autocoñecemento”. Na semana do 19 ao 25 deste mesmo mes, recibirán teleformación e teleasistencia individualizada sobre a “Construción da identidade de xénero”. O día 2 de setembro acudirán a un obradoiro de “Técnicas de relaxación”. Na semana do 9 ao 18 recibirán teleformación e asistencia individualizada sobre “Administración de recursos económicos, asesoramento financieiro e do fogar e axudas á muller” e o 23 de setembro concluirán a súa participación no programa cun obradoiro presencial que leva por título “Recursos e coaching para o emprendemento feminino”.

O programa inclúe obradoiros e talleres presenciais, ademais de teleformación e teleasistencia individualizada. Os obxectivos desta acción formativa céntranse en impulsar a creación dunha rede de mujeres que se formen en autoestima, fomentar o empoderamento feminino e traballar na loita contra a violencia de xénero. Trátase de ofrecer formación presencial , teleformación e teleasistencia individualizada para que todas as mulleres participantes poidan acceder aos contidos segundo os recursos técnicos que teñan a súa disposición.

Para a concelleira de Servizos Sociais e Promoción da Igualdade, Luísa Feijóo este tipo de formación es fundamental para acadar unha sociedade máis igualitaria “é moi importante traballar o emponderamento das mulleres para que afronten o día a día en igualdade”.

Novas relaciondas:

La Voz de Galicia: "Quince amienses participan en el plan para mujeres vulnerables y víctimas de violencia e género"

Compostela 24horas: "Quince veciñas de Ames participan no "Programa Integral para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables"

El Correo Gallego: "Programa e contratacións para amesás vulnerables"

 

 

.

O Programa lévase a cabo a través do CIM

Multimedia

  • Participan 15 mulleres