- Tematica
40 rapaces e rapazas de Ames, de entre 12 e 30 anos, viaxarán ao Aquapark de Cerceda que o programa “Trouleando”, da concellaría de Mocidade, prepara para o 29 de xuño. En menos de 24 horas dende que se anunciou a actividade nesta páxina web, as prazas xa estaban cubertas. A listaxe de garda e moi ampla polo que polo momento non se recollerán máis peticións.
O Aquapark de Cerceda, destino elixido polo programa Troulando para o mes de xuño, é un parque acuático que dispón dunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio. O aquapark conta con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze e outras atraccións destinadas ao ocio acuático.
A actividade terá lugar o 29 de xuño de 2021. Viaxarase nun autobús que sairá do Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 10.30h e da Casa da Cultura de Milladoiro ás 10.45h. O regreso efectuarase nas mesmas paradas, chegando a Milladoiro arredor das 21.15h e a Bertamiráns ás 21.30h aproximadamente. Os participantes menores deben ser recollidos na parada polos pais/nais/titores-as ou representantes legais.
Os 40 mozos e mozas que participan na actividade deberán levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar 50, máscaras, e roupa de recambio. Os participantes deben traer a comida e a merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque.
A menos de 24 horas dende que se anunciou a actividade na web do Concello, as entradas xa estaban esgotadas. A listaxe de garda e moi ampla polo que polo momento non se recollerán máis peticións.
Calquera dúbida pódese contactar coa OMIX no teléfono 616083229 ou o correo electrónico omix@concellodeames.gal.