Pestanas principais

50 persoas participaron na excursión literaria “Viaxando con Rosalía”

Luns, 24 de febreiro de 2025

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, organizou o pasado sábado, 22 de febreiro, unha nova edición da excursión literaria “Viaxando con Rosalía”, a través da cal se visitaron algúns dos lugares máis emblemáticos da vida e da obra de Rosalía de Castro con motivo da conmemoración do aniversario da autora. A excursión literaria, na que participaron cincuenta persoas, estivo guiada pola profesora e experta rosaliana María López Sández, e rematou na Casa-Museo da escritora, en Padrón.

Un ano máis, o Concello de Ames conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con numerosas actividades coas que se pretende revitalizar a figura da autora e lembrar a súa vida e obra, así como dar a coñecer a súa faceta máis comprometida e feminista. A programación ao completo do Día de Rosalía 2025 pódese consultar premendo nesta ligazón.

Entre as diversas propostas figura a xa tradicional excursión “Viaxando con Rosalía” na que se fai un percorrido por localizacións emblemáticas da vida e da obra da autora, e que tivo lugar o pasado sábado, 22 de febreiro. Os asistentes estiveron acompañados de María López Sández, profesora, escritora e experta rosaliana veciña de Ames. A cita, que pretendía lembrar os vínculos que unen á escritora co concello de Ames e achegar ás persoas participantes á figura e á obra rosaliana, contou cunha ampla participación que mostraron a súa satisfacción ao remata da ruta rosaliana.

A primeira parada da visita foi en territorio amesán, na casa da familia paterna de Rosalía, situada na Tarroeira, e onde ademais tivo lugar o acto fundacional do Seminario de Estudos galegos en 1923. A saída continuou en Bastavales, no concello de Brión, onde se atopa a igrexa cuxas campás protagonizaron un dos versos con máis sona da autora. As persoas asistentes tiveron a oportunidade de entrar ao templo, de escoitar o son das ditas campás e de subir ao campanario.

A viaxe rematou no concello de Padrón, na Casa-Museo Rosalía de Castro. Alí, Sández fixo un percorrido guiado polas diferentes salas do edificio que serviu para que todas as persoas participantes se achegaran á biografía, á obra e á traxectoria da autora ao tempo que se situaban no seu contexto histórico e social.

50 persoas participaron na excursión literaria “Viaxando con Rosalía”

Multimedia

  • 50 persoas participaron na excursión literaria “Viaxando con Rosalía”