Pestanas principais

60 nenos e nenas participaron no VII Campus de Verán Básquet Ames

Luns, 01 de xullo de 2024

A sétima edición do Campus de Verán Básquet Ames, que se   realizou do 24 ao 28 de xuño nas instalacións deportivas do Milladoiro, contou coa participación dun total de 60 nenos e nenas. Este campamento estivo dirixido a rapaces e rapazas nados entre 2008 e o 2018. Os rapaces e rapazas estiveron divididos en diferentes grupos segundo a idade. Os usuarios/as participaron en diferentes actividades, en horario de 9.00 a 14.30 horas, relacionadas co baloncesto. Tamén participaron en actividades lúdicas de piscina.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, asistiu o pasado venres á clausura do campus de verán organizado polo Club Básquet Ames. En dito acto tamén participou a voceira do Bloque Nacionalista Galego, Escarlata Pampín. O sétimo campus de verán Básquet Ames desenvolveuse do 24 ao 28 de xuño. O horario do campus estendeuse dende as 9:00 ata as 14:30 horas, aínda que as nenas e nenos que acudiron ao servizo de madrugadores comezaron ás 8:30 horas.

Organizado polo Club Básquet Ames, en colaboración co Concello de Ames, o campus realizouse nas instalacións deportivas do Milladoiro. Esta actividade, que estivo dirixida a nenas e nenos nados entre o 2008 e o 2018, fomentou a práctica do baloncesto, ao tempo que ofreceu unha formación de calidade neste deporte e facilitou a conciliación das familias amesás durante o verán.

A captación de mozas e mozos para o propio Club foi outro dos eixos fundamentais do traballo realizado no campus. Neste tempo, conxugáronse tres horas de adestramento diario e actividades individuais centradas na mellora de habilidades, tiro, defensa e contraataque; con outras máis lúdicas como piscina e diversos talleres.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Verano, tiempo de baloncesto"

60 nenos e nenas participaron no VII Campus de Verán Básquet Ames