Pestanas principais

Aberta a inscrición para o obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” da Biblioteca municipal de Ames

Luns, 10 de febreiro de 2025

A Biblioteca municipal de Ames, que xa presentou a súa programación de contacontos, continúa tamén cos obradoiros adicados á rapazada que cursa de 3º de primaria en diante. No mes de febreiro, como non podía ser doutra maneira, o obradoiro conmemora o Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro. O prazo de inscrición para participar no obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” estará aberto do 10 ao 18 de febreiro. Durante o ano 2024 participaron 230 rapaces e rapazas nos obradoiros organizados nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro.

O servizo de bibliotecas continúa coa programación de actividades de 2025. Desta volta, organizan o obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!”, que se vai impartir o venres 21 de febreiro no Milladoiro e o sábado 22 en Bertamiráns.   

Os rapaces e rapazas que participen sacarán a súa parte máis creativa e crearán a súa obra a partir dun poema de Rosalía de Castro. Coa axuda de diferentes materiais e técnicas sacarán todo o seu potencial, mentres aprenden sobre unha das mulleres máis importantes da nosa literatura.

Para participar na actividade, que se celebrará na biblioteca do Milladoiro o día 21 de febreiro ás 17.00 horas e o sábado 22 na biblioteca de Bertamiráns ás 11.30 horas, é preciso inscribirse.

O prazo de inscrición é do 10 ao 18 de febreiro chamando ao 981884829 (biblioteca de Bertamiráns) ou 981530807 (biblioteca do Milladoiro) ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e curso, así como o nome do adulto responsable e un número de teléfono de contacto.

Aberta a inscrición para o obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” da Biblioteca municipal de Ames

Multimedia

  • Aberta a inscrición para o obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” da Biblioteca municipal de Ames