- Tematica
Despois da boa acollida que tivo en 2021, a Concellaría de Saúde e Benestar Social, organiza a segunda edición do campamento sénior Amessán 2022. Trátase dunha campamento para persoas maiores de 60 anos que estean empadroadas no concello de Ames. As actividades desenvolveranse en horario de mañá os martes e xoves do mes de xullo. Terán preferencia no proceso de inscrición as persoas que participaron no programa Amessán ao longo do curso 2021-2022. Faranse actividades no exterior e catro saídas. Xa está aberto o prazo de inscrición. Para elo hai que enviar un correo electrónico a voluntariado@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.
Volve o campamento sénior Amessán que está dirixido a persoas de 60 anos en diante e que estean empadroadas no concello de Ames. Despois do éxito que tivo a edición pasada, a Concellaría de Saúde e Benestar Social volver organizar esta iniciativa que se desenvolverá durante os martes e xoves do mes de xullo. Esta actividade amplía a programación do programa Amessán, que está dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello de Ames.
Os martes faranse actividades en exterior: no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e na contorna da piscina municipal do Milladoiro. Ademais, os xoves faranse catro visitas a San Xusto; ao mercadiño de Noia; ao pico de Santa Mariña, no Barro; e á praia fluvial Praíña. Na praia fluvial Praíña farase a despedida do programa cun xantar.
O prazo de inscrición para participar neste campamento xa está aberto. Para elo hai que enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 662 377 044. Terán preferencia no proceso de inscrición as persoas que participaron no programa Amessán ao longo do curso 2021-2022.
A concelleira de Saúde e Benestar Social, Luísa Feijoo, explicou que “parécenos moi boa idea seguir apostando por este campamento sénior de verán, para que aquelas persoas maiores de 60 anos que o desexen, teñan actividade no exterior e participen en saídas durante o mes de xullo. O obxectivo é que tamén durante o verán se manteñan activos, ocupados e interactúen con outras persoas. O ano pasado o campamento sénior tivo moi boa acollida, polo que animamos a todas aquelas persoas que estean interesadas a que se inscriban na edición de 2022”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Abren as anotacións para o campamento Amessán dirixido a maiores de 60"