Pestanas principais

Aberto o prazo de matrícula na Escola Municipal de Adultos

Luns, 07 de setembro de 2015

[07-09-2015] O Concello de Ames a través da Concellaría de Educación, recórdalle a todos aqueles veciños e veciñas que estean interesadas en obter o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, que poden inscribirse na Escola Municipal de Adultos.Para elo teñen que pasar polo departamento de Educación do Concello, sito no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Con este servizo preténdese axudar aos adultos que o precisen a preparar as probas necesarias para a obtención do Graduado en ESO. Para máis información poden chamar ao teléfono 981891476.